Ir al contenido

Proxecto para o deseño e creación de paquetes turísticos en Bouzas

Marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia- Financiado por la Unión Europea- NEXTGENERATION_EU.

Registro de empresa

Conoce el programa

En que consiste o proxecto?

Bouzas impulsa un programa orientado á creación de novas experiencias turísticas vinculadas á identidade mariñeira, cultural e social do barrio.

A iniciativa combinará participación local, formación, mentoría e creación colaborativa de propostas turísticas co obxectivo de desenvolver unha oferta máis sostible, diversa e conectada co territorio.

Que buscamos lograr?

Impulsar novas experiencias turísticas vinculadas á identidade de Bouzas, fortalecer a colaboración entre empresas e entidades locais e poñer en valor os recursos culturais, gastronómicos, sociais e mariñeiros do barrio.

O proxecto busca contribuír a unha oferta turística máis auténtica, sostible e conectada coa realidade local.

Quen pode participar?

Empresas, entidades e iniciativas vinculadas ao turismo, á gastronomía, á cultura, ao comercio local e á vida de Bouzas. O proxecto está aberto a todos aqueles axentes que queiran formar parte da creación de novas experiencias turísticas conectadas coa identidade do territorio.

Fases del programa

  Fase 1  

Diagnóstico e participación territorial ​

A primeira fase estará centrada na conexión co tecido local de Bouzas a través de encontros, mesas participativas e espazos de intercambio entre empresas, entidades e iniciativas do barrio.

Traballarase na identificación de ideas, oportunidades e posibles propostas turísticas vinculadas á identidade mariñeira, cultural e social de Bouzas, fomentando a participación activa dos diferentes axentes do territorio.

  Fase 2  

Programa formativo e mentoría

As empresas e entidades participantes contarán con formación práctica e acompañamento especializado para desenvolver experiencias turísticas innovadoras, sostibles e adaptadas á realidade de Bouzas.

Nesta fase abordaranse aspectos relacionados co deseño de produto, diferenciación, comercialización, cooperación e creación de experiencias turísticas conectadas co territorio.

  Fase 3  

Deseño dos paquetes turísticos

Na fase final desenvolveranse propostas turísticas colaborativas integradas en paquetes e experiencias preparadas para a súa promoción e futura comercialización.

Traballarase na definición das propostas, coordinación entre participantes, estruturación da oferta e desenvolvemento de materiais de apoio orientados á promoción turística de Bouzas.

Duración del programa

Formación del programa

Programa Formativo


O programa combinará formación online, sesións presenciais e obradoiros prácticos orientados á creación de novas experiencias turísticas vinculadas á identidade de Bouzas. As sesións online terán unha duración aproximada de 2 horas, mentres que as formacións e obradoiros presenciais desenvolveranse en sesións de 4 horas. Para obter o certificado de asistencia será necesario completar un mínimo do 80% da formación incluída no programa.

Xornada de sensibilización (4 horas -presencial)

Curso introdutorio orientado a achegar os fundamentos do turismo sostible, poñendo en valor as oportunidades do territorio, a creación de experiencias turísticas e exemplos inspiradores de iniciativas vinculadas ao desenvolvemento local.  

Curso 1. Cooperación empresarial e diferenciación competitiva (2 

Coñece como aplicar a cooperación na cadea de valor para co-crear experiencias únicas, traballando con provedores, socios e clientes a través de estratexias de innovación aberta.

Curso 2. Tecnoloxía aplicada ás experiencias turísticas

Descubre como integrar a tecnoloxía na creación de experiencias turísticas, empregando ferramentas dixitais para deseñar, promover e xestionar produtos innovadores. Optimiza a visibilidade das túas experiencias en plataformas dixitais, mellora a interacción cos turistas e aumenta a eficiencia operativa.

Curso 3. Prezos

Traballa na definición de presos e no cálculo de custos preciso e a establecer prezos rendibles que maximicen o valor percibido, garantan a competitividade da túa oferta e optimicen os teus ingresos.

Curso 4. Marketing e vendas dixitais para o sector turístico

Coñece diferentes ferramentas e canles de venda para distribuír as túas experiencias, maximizando a súa visibilidade e garantindo unha experiencia de cliente consistente.

Obradoiros do deseño das experiencias


Os obradoiros presenciais estarán orientados ao desenvolvemento práctico de experiencias e paquetes turísticos vinculados á identidade de Bouzas. Cada sesión presencial, cunha duración de 4 horas, combinará contidos teóricos, dinámicas colaborativas e aplicación práctica sobre propostas reais relacionadas con diferentes perfís de visitante e tipoloxías de experiencia turística.

Obradoiro teórico-práctico 1. Segmentos turismo  activo e experiencial

Descubre como crear experiencias vinculadas ao turismo activo e experiencial, potenciando a conexión co territorio, a autenticidade e a participación das persoas visitantes. Traballarase sobre narrativa experiencial, deseño de actividades e creación de propostas con maior valor engadido.

Obradoiro teórico-práctico 2. Segmentos internacional e sénior

Aprende a desenvolver experiencias orientadas aos segmentos internacional e sénior, adaptando formatos, ritmos e contidos ás características destes públicos. Traballarase sobre accesibilidade, confort, diferenciación e creación de propostas auténticas vinculadas ao territorio.  

Obradoiro teórico-práctico 3. Segmentos escolar e familiar  

Traballa no deseño de experiencias turísticas adaptadas aos segmentos escolar e familiar, creando propostas participativas, educativas e conectadas coa identidade de Bouzas. Aprenderás a estruturar actividades, adaptar contidos a diferentes públicos e desenvolver experiencias sostibles e accesibles. 

Obradoiro de valoración e validación  

Revisa, mellora e valida as experiencias desenvolvidas ao longo do programa, garantindo a súa coherencia, viabilidade e adaptación aos diferentes segmentos de visitante. A sesión permitirá identificar melloras, reforzar a proposta de valor e preparar as experiencias para futuras accións de promoción e comercialización.  

Formadores do programa

Lucero Arana

Formadora

Coñece máis

Víctor Sixto

Formador

Coñece máis

Javier Espina

Formador (pte confirmación)

Patricia Pérez

Formadora (pte confirmación)

Coordinación do programa​

Lucía Vázquez

Consultora 

Conoce más

Laura Prego

Consultora

Conoce más

Paula Miller

Coordinadora 

Conoce más