Participa no futuro turístico de Bouzas
Estimadas empresas do barrio de Bouzas,
Poñémonos en contacto con vostede para convidalo a participar nun Grupo Focal dirixido a empresas turísticas, no marco do proxecto de Creación e Deseño de Paquetes Turísticos en Bouzas.
Este proxecto ten como obxectivo definir de forma participativa a oferta turística do barrio de Bouzas, a súa valorización e promoción, así como identificar oportunidades de mellora, necesidades de dixitalización e experiencias para visitantes.
A súa participación será clave nesta sesión, xa que o seu coñecemento do visitante e do territorio é fundamental para definir propostas realistas e útiles para o sector. Por iso, animámolo a participar.
📅 Data: 3 de xuño de 2026
🕓 Horario: 10:00 a 12:00
📍 Lugar: Oficina Municipal do Distrito de Bouzas – Casa do Patín
📌 Formato: Presencial, cunha duración aproximada de 2 horas, dinámica de grupo moderada por equipo técnico
A sesión será un espazo de diálogo aberto e participativo, onde poderá compartir as súas experiencias, inquedanzas e ideas. As conclusións incorporaranse directamente ás propostas do proxecto e ao deseño dos paquetes turísticos do barrio.
📲 Confirma a súa asistencia
Quedamos á súa disposición para calquera aclaración ou consulta previa:
- Correo electrónico: experiencias@concellodevigo-bouzas.creacionexperiencias.com
📞 Teléfono: 625 54 77 48
🌐 Páxina web do proxecto: concellodevigo-bouzas.creacionexperiencias.com
Moitas grazas polo seu tempo e colaboración.
