Ir al contenido

BOUZAS: rexistro de participación – Mesas Sectoriais (2 xuño)

Participa no futuro turístico de Bouzas!

Veciñas e veciños de Bouzas,

Gustaríavos opinar sobre como poñer en valor o patrimonio de Bouzas? Queredes compartir as oportunidades que vedes para o barrio ou expresar as vosas inquedanzas e expectativas?

O proxecto do Plan de Creación e Deseño de Paquetes Turísticos en Bouzas, promovido polo Concello de Vigo e executado por Innotur Consultoría, quere escoitar a túa voz. Por iso vos convidamos a participar nun Grupo Focal cidadán, un espazo de diálogo aberto onde compartir ideas, preocupacións e propostas para o desenvolvemento turístico sostible de Bouzas.

🗓 Data: 2 de xuño de 2026

Horario: 10:00 a 12:00

📍 Lugar: Oficina Municipal do Distrito de Bouzas – Casa do Patín

Non precisades coñecementos previos. Só necesitamos a vosa mirada como persoas que viven, traballan ou forman parte deste barrio. A vosa opinión é clave para que o proxecto reflicta o que realmente importa a quen habita Bouzas.

🔹 Temas a tratar:

  • Que significa para ti o barrio de Bouzas e o seu patrimonio?
  • Como che gustaría que se promoveran as experiencias turísticas locais?
  • Oportunidades e retos para o barrio?
  • Como compatibilizar turismo, patrimonio e vida cotiá?

A sesión será dinámica, participativa e moderada por un equipo técnico, cunha duración aproximada de 2 horas.

📲 Confirma mediante esta enquisa a súa asistencia

Quedamos á súa disposición para calquera aclaración ou consulta previa:

📧 Correo electrónico: experiencias@concellodevigo-bouzas.creacionexperiencias.com

📞 Teléfono: 625 54 77 48

🌐 Páxina web do proxecto: concellodevigo-bouzas.creacionexperiencias.com

Anímate a participar! A súa visión contribuírá a construír un futuro turístico sostible e próximo á comunidade en Bouzas. 

Moitas grazas polo seu tempo e colaboración.

o presionar Enter
Con tecnología de Odoo